Páginas
▼
viernes, 22 de marzo de 2024
jueves, 21 de marzo de 2024
Poesía Compartida
Neste Día tan especial, xuntamonos con padriños e madriñas lectoras para compartir POESIA.
Lecturas poéticas 2024
O alumnado de 6º de Primaria fixo unha escolma de poemas que podemos escoitar escaneando o QR que os acompaña.
Visita de Antonio M. Fraga
Recibimos a visita de Antonio M. Fraga, con quen compartimos dúbidas e as nosas impresións sobre o seu libro Papá Canibal, que está a ler o alumnado de 5º de Primaria.
Rematamos a sesión coa sinatura dos nosos exemplares e unha foto para o recordo.
lunes, 18 de marzo de 2024
Visitanos Eva Mejuto
O alumnado de 6º de primaria recibiu a visita de Eva Mejuto. Compartiron historias e contoulles os segredos nos desvelados de "O día que choveron gatos",
Por suposto, asinou no noso libro de visitas ilustres:
lunes, 11 de marzo de 2024
Visitanos Paco Nogueiras
O alumnado de Infantil disfrutou dos contos cantados por......PACO NOGUEIRAS!! Contamos, cantamos e bailamos!!
Graciñas Paco!
viernes, 8 de marzo de 2024
Nace AnXornal
Para celebrar a Semana da Prensa e o Día Internacional da Muller, o alumnado do centro recolleu novas e historias de mulleres, moitas delas deportistas olimpicas.
>Velaquí o mural do EDLG coas novas máis destacadas