Páginas

viernes, 22 de diciembre de 2023

Encontros interxeracionais Centro de Día Eiris

Pechamos este trimestre compartindo cos maiores do Centro de Día de Eirís unha xornada de poesia e cantos de Nadal
 



Moitas grazas por acollernos e Bo Nadal!

 

jueves, 21 de diciembre de 2023

Concurso de Postais 2023

Esta é a postal realizada por Marina Rodríguez Garcia, de 6º de Infantil, ganadora do Concurso de Nadal.




aBDventurizate 2023

 O alumnado de 6ºB elaborou unhas viñetas alusivas a este tempo, que iremos descubrindo cada un dos dias lectivos deste mes. Esperamos que vos gusten. 


jueves, 30 de noviembre de 2023

Mes da ciencia nas Bibliotecas

Durante este mes que remata, o alumnado visitou a biblioteca do centro para investigar sobre distintos inventos e descubrimentos. Velaquí os seus traballos




 

lunes, 27 de noviembre de 2023

Lecturas compartidas: Apadriñamentos lectores

 Iniciamos hoxe unha serie de xuntanzas cos nosos compañeiros e compañeiras arredor da lectura. Seremos padriños e madriñas lector@s ( o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria), e compartiremos lecturas cos pequenos de Infantil e 1º e 2º de Primaria.  Así vivimos a primeira: 

 

 

viernes, 10 de noviembre de 2023

OLLIÑOS QUERE SABER.....

Na prensa e medios de comunicación están a falar dos Xogos de 2024....e Olliños non sabe de que se trata......e VOS????


 

lunes, 6 de noviembre de 2023

BOOKFLIX EN PRIMEIRO

 Bookflix

Na aula temos un rincón de lectura que chamamos Bookflix. Nel encontramos a nosa biblioteca de aula, onde os nenos e nenas teñen todos ós libros ao seu alcance.
Como se mostra na imaxe, temos un cartel onde por una banda poñemos ás novidades dos libros que temos para ler na aula e por outra o seguir lendo, nel os nenos e nenas fan un rexistro dos libros que van lendo.


miércoles, 21 de junio de 2023

Pasaporte lector: os premios

 Entregamos os premios as lectoras e o lector que superaron o reto proposto pola biblio no mes de outubro, ler un libro ao mes:


 

 
NORABOA A TOD@S!!


martes, 20 de junio de 2023

GRAZAS VOLUNTARIOS

Hoxe queremos das as grazas a este extraordinario grupo de bibliotequeir@s, os voluntarios de BiblioAnxo, un dos piares nos que se asenta o funcionamento da nosa biblio.

 

GRAZAS Adriana, Juan, Mencía, Lucía, Sara, Sofía, Natalia, Jillian, Iria, esperamos vervos en setembro.

E tamén toca despedir a Nuria, Clara, Sergio López, Sara, Elías, Brais, Laura e Sergio Ramos. GRAZAS, moita sorte na vosa nova etapa, e volvede a visita á vosa biblio.


 

Un verán de sol e libros

 Chegou o verán, o tempo de lecer e descanso ...... tamén de disfrutar coa lectura. Aquí vos deixamos unha guía de recomendacións.



Lecturas para o verán de BiblioAnxo

Felices vacacións, recargade pilas....

Voltamos en setembro!!

Recomendacions da Biblio do barrio

 As bibliotecarias do Castrillón achegáronse ao cole para compartir as suas recomendacións de lectura que vos deixamos aqui,  e convidarnos a participar no seu reto lector "Mergullate nas historias". Pasade por alí a recoller o voso marcapáxinas.





miércoles, 14 de junio de 2023

lunes, 22 de mayo de 2023

Visitanos Andrea Maceiras

Hoxe visitounos Andrea Maceirase "viaxou" co alumnado 6º de Primaria á Amazonia, e achegounos á tribo Kayako, na que se inspirou para escribir o libro"A folla azul"

Andrea compartiu co alumnado de 5º de Primaria detalles sobre cómo escribiu a historia de Alma de Elefante, e fixonos viaxar con ela a Tailandia.



Grazas Andrea!!




 

martes, 16 de mayo de 2023

As cousas de Don Paco

 O alumnado de 6º de Primaria representou a obra de teatro "As cousas de Don Paco" escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo. Está protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida.

Pinchando na imaxe  podedes ver o acto primeiro: 






lunes, 15 de mayo de 2023

Visita de Eva Mejuto

Hoxe visitounos Eva Mejuto e compartimos con ela o seu libro "Cando leo" de Xerais , e aprendemos moitas cousas arredor do libros. 



 
Despois visitou ao alumnado de 6º que representou  a sua obra de teatro "As cousas de Don Paco" ilustrada por Lucía Cobo, e protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado nas Letras Galegas  en distintas etapas da vida.

 
Explicounos que Don Paco nunca deixaba o lápis que levaba no peto, de aí o protagonista da obra, cómo escribira a obra, e moitos mais detalles.
 

 
MOITAS GRAZAS EVA!!

 

 

miércoles, 10 de mayo de 2023

Visita de Xurxo Souto

O artista Xurxo Souto compartiu co alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3ª de Primaria, a súa música e historias sobre a nosa cidade.

miércoles, 3 de mayo de 2023

RETO Mes dos Libros

 Chegou o final do mes dos libros e o momento de desvelar os contos que nos contaron os compañeiros de 5ºB.



E tamén o premio para os que completastes o reto.
NORABOA!!



viernes, 28 de abril de 2023

Chanzos saudables

 Na Semana da Saude e o Deporte, elaboramos, coa axuda do mestre de Arts&Cratfs, uns carteis para os chanzos das escaleiras. 




miércoles, 26 de abril de 2023

martes, 25 de abril de 2023

Visita do ilustrador Benxamin Miguez

O alumnado de 1º e 2º de Primaria compartiu unha sesión co ilustrador Benxamín Míguez Novoa, que agasallou mostrando como leva a cabo o seu traballo, e deixounos a sua versión de varios personaxes de contos.



lunes, 24 de abril de 2023

Sacamos os libros á rúa 2023

Para commemorar o Día do Libro, compartimos as lecturas coa veciñanza

 

Marcapáxinas Día do Libro

E  para marcar as nosas lecturas, levamos un marcapáxinas ilustrado polo alumnado do cole. Aquí tedes todos os modelos: 

Marcapáginas día del libro infantil colores pastel de BiblioAnxo 

lunes, 17 de abril de 2023

BOOKFACE

 Volve o Bookface de BiblioAnxo. Como ben sabedes consiste en realizar unha fotografía na que unha persoa (ou animal, ou cosa,....) "fundese" coa portada dun libro, facendo coincidir a  imaxe real coa imaxe da portada.

Pinchade na imaxe para ver as artistadas de outros anos 

E BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!!

Envianos a vosa foto a biblioanxo@gmail.com

lunes, 10 de abril de 2023

MES DO LIBRO: NOVO RETO, CONTOS CLÁSICOS

 Neste Mes do libro convidamosvos a adiviñar qué conto clásico está a ler o alumnado de 5º B de Primaria. Cada día publicarase unha historia distinta , e iremos enchendo a tarxeta co titulo do conto.


Ao final do mes haberá un pequeno agasallo para quen o complete. 

Animadevos!!


domingo, 2 de abril de 2023

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Como cada ano nesta data, o IBBY, celebra o Día Internacional do Libro Infantil difundindo a nivel mundial a mensaxe que unha das súas seccións -este ano 2023 Grecia- elaborou para todo o mundo. Na mensaxe o ilustrador Photini Stephanidi pon imaxe ao poema de Vagelis Iliopoulos: "Son un libro, leme", que GÁLIX traduciu ao galego e Brais comparte con nós.

viernes, 31 de marzo de 2023

Lecturas Poéticas LP23 23

Rematamos este mes da Poesía con unha Cantiga de Amigo de Martín Códax, a quen se lle adica mañá, 1 de Abril, o Día das Artes Galegas.




jueves, 30 de marzo de 2023

Día das Artes Galegas 2023

O Día das Artes Galegas foi creado pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1 de abril de 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. 

Neste ano decidiu homenaxear a Martín Códax, trobador galego da segunda metade do século XIII e comezos do XIV, posiblemente de orixe vigués. 

Rosa Pereira encargouse de traducir as cantigas a galego moderno no libro 'As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas' ( Univ. de Vigo, 2018)



RECURSOS PARA TRABALLAR O DIA DAS ARTES GALEGAS :



UNIDADE DIDACTICA

miércoles, 22 de marzo de 2023

Contacontos Paco Nogueiras

Paco Nogueiras voltou á nosa biblio para contar e cantar contos ao alumnado de E. Infantil.








Ao rematar asinounos un dos seus discos e deixou unha dedicatoria no Libro de Visitas de BiblioAnxo.