Páginas

viernes, 31 de marzo de 2023

Lecturas Poéticas LP23 23

Rematamos este mes da Poesía con unha Cantiga de Amigo de Martín Códax, a quen se lle adica mañá, 1 de Abril, o Día das Artes Galegas.




jueves, 30 de marzo de 2023

Día das Artes Galegas 2023

O Día das Artes Galegas foi creado pola Real Academia Galega de Belas Artes en 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1 de abril de 1188 dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. 

Neste ano decidiu homenaxear a Martín Códax, trobador galego da segunda metade do século XIII e comezos do XIV, posiblemente de orixe vigués. 

Rosa Pereira encargouse de traducir as cantigas a galego moderno no libro 'As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas' ( Univ. de Vigo, 2018)



RECURSOS PARA TRABALLAR O DIA DAS ARTES GALEGAS :



UNIDADE DIDACTICA

miércoles, 22 de marzo de 2023

Contacontos Paco Nogueiras

Paco Nogueiras voltou á nosa biblio para contar e cantar contos ao alumnado de E. Infantil.








Ao rematar asinounos un dos seus discos e deixou unha dedicatoria no Libro de Visitas de BiblioAnxo.








martes, 21 de marzo de 2023

Certame Poesía 23

Celebramos o Día da Poesía coa entrega de premios e unha lectura compartida dos poemas gañadores do Certame 2023.




Noraboa aos premiados






E, de agasallo repartironse tarxetiñas cos poemas.




viernes, 10 de marzo de 2023

A MULLER NA PRENSA

 

Para conmemorar o 8 de marzo, e a Semana da Prensa, traballamos arredor das noticias adicadas ou protagonizadas por mulleres :

 

 
TRABALLO DE 3º DE PRIMARIA

 

Día Internacional da Muller CON PREMIO

Este é o cartel elaborado polo alumnado de 2º de primaria, gañador do 1º premio da primeira categoría, dirixida a alumnado de Infantil e de primero a cuarto de Primaria, na 6ª edición do concurso de carteis da Xunta polo 8-M.



Esta infografía mostra o proceso que levaron a cabo para realizar este cartel.




Elaboraron estes bosquexos.







E aqui tedes un resumo da recollida do premio en Santiago de Compostela.








 

viernes, 3 de marzo de 2023

Visitas á Biblioteca do Castrillón : 1º de Primaria

 O alumnado de 1º de Primaria visitou a Biblioteca do Castrillón


miércoles, 1 de marzo de 2023

Visitas á Biblioteca do Castrillón : 2º de Primaria

 Qué ilusión nos fai visitar a biblio do barrio e compartir historias coas suas bibliotecarias!!Hoxe tocoulle a 2º de Primaria.




MARZO, MES DA POESIA

O día 21 deste mes celebrase o Día da Poesía. En BiblioAnxo queremos adicar todo mes a este xénero compartindo as nosas creacións. O alumnado de 6º de primaria creou estes HAIKUS que imos a compartir cada un dos días no panel da Accion Poética.