Páginas

lunes, 30 de abril de 2018

CONCERTO PACO NOGUEIRAS

O venres 20 de abril tivemos a sorte de ter no colexio a Paco Nogueiras, que nos deleitou cun concerto marabilloso. 


Bailamos e cantamos cada canción, animados pola súa enerxía e entusiasmo. Pasámolo en grande!


Por suposto, antes de que se marchara, pedímoslle que nos dedicase o CD de "Radio Bulebule" que temos en BiblioAnxo.


Aquí vos deixamos un vídeo resumo de esta xornada:




Moitas grazas Paco. Esperamos verte novamente polo noso colexio!








viernes, 27 de abril de 2018

QUE SABES DE MARÍA VICTORIA MORENO?

Dende o equipo do Plan Proxecta de Innovación en dinamización lingüística que se está a desenvolver este ano no centro, propóñennos un xogo moi divertido para pescudar canto sabemos de María Victoria Moreno.




Animádesvos a xogar?

martes, 24 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO 2018

O luns 23 de abril, para conmemorar o Día Internacional do Libro, saímos todos xuntos a ler na Praza da Concordia.
Baixo o lema "Sacamos os libros á rúa" intentamos dar visibilidade a esta data tan sinalada.


Seguindo a tradición do centro, realizamos esta lectura seguindo a técnica do apadriñamento lector, é dicir, un neno/a de cursos superiores léelle a un neno/a máis pequeno.
Deixámosvos un vídeo onde se reflicte o ben que saíu todo e sobre todo, o moito que gozamos con estas lecturas compartidas ao aire libre.



Boas lecturas!

jueves, 12 de abril de 2018

COMEZANDO NOVOS PROXECTOS


Algúns voluntarios de BiblioAnxo están preparando xa os próximos contos que contaremos na Escola Infantil Carricanta.  Que contos serán??






miércoles, 11 de abril de 2018

CONTACONTOS EN ASPANAES

Hoxe, 10 de abril, varias voluntarias de BiblioAnxo acudiron ao CEE ASPANAES para realizar un contacontos.




As nosas voluntarias fixérono xenial e os rapaces e rapazas de ASPANAES estiveron moi atentos aos tres contos. Aplaudíronnos moitísimo!








Neste vídeo podedes ver o ben que o pasamos:





Dende aquí queremos dar as grazas a todo o Equipo de ASPANAES por darnos a oportunidade de gozar desta experiencia tan marabillosa e facernos sentir coma na nosa casa. Foi un auténtico pracer compartir con todos eles/as este anaquiño de tempo.





martes, 10 de abril de 2018

CADRO DE VOLUNTARIOS DA TERCEIRA AVALIACIÓN


Como cada avaliación, renóvanse os voluntarios de BiblioAnxo. Aquí podedes consultar a quen lle toca cada día.

Están esperando vervos pola biblioteca e axudarvos con calquera dúbida.

lunes, 2 de abril de 2018

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, celébrase o día da Literatura Infantil, pero tamén se celebra o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

No noso centro temos varios nenos que iluminan o noso día a día de azul; por iso quixemos aproveitar a literatura infantil para darlle visibilidade ao autismo neste día.

Realizouse, en colaboración co Departamento de Orientación e o EDLG, unha exposición dedicada ao autismo, baixo o lema "Rompamos xuntos barreiras polo autismo e fagamos unha sociedade accesible".

Nesta exposición incluíronse tanto libros adaptados a pictogramas como obras literarias con personaxes con autismo como protagonistas.


Dende o grupo de 6º de primaria realizáronse varias actividades destinadas a iluminar de azul este día, pódedes velas no blog Anxopictogramas.

E lembrade: entre todos podemos romper xuntos barreiras e construir unha sociedade máis accesible.

Ilumínao de azul #LIUB!