Páginas

jueves, 25 de enero de 2018

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Dende o pasado luns e ata o venres 2 de febreiro temos unha exposición de libros dedicados ao día da paz e non violencia, que celebraremos no centro o 30 de xaneiro.

O alumnado do centro realizou en Art and Crafts un mural no que se recolle un anaco dun poema de María Victoria Moreno:


"Se eu achase a palabra
eu pintaría o planeta
de paz e liberdade".



Aquí vos deixamos o vídeo que fixemos todo o centro con festexar nesta data.
Boas leturas!

jueves, 18 de enero de 2018

OS VOLUNTARIOS DE BIBLIOANXO

Como xa sabedes, neste curso introducimos unha nova figura no funcionamento de BiblioAnxo: os voluntarios. 

Aquí podedes ver un pouco o moito que traballaron ate o de agora:

Dándolle un lavado de cara a BiblioAnxo para poñela moito máis bonita.



Asesorándovos e atopando os fondos que lle pedides.



Colocando cada exemplar no seu sitio correspondente.




Realizando contacontos.



 Facendo o préstamo.



E moitas cousas máis!! Así que, non esquezades darlles as grazas por facer de BiblioAnxo un lugar moito mellor.

lunes, 15 de enero de 2018

ALMANAQUE MARÍA VICTORIA MORENO

O almanaque que fixemos no centro dedicado a María Victoria Moreno foi publicado no Portal da Lingua Galega para que todo o mundo poida acceder a el.

Neste enlace podedes velo e descargalo.


Nós xa o temos colgado en Biblioanxo. Que vos parece?






AGASALLOS NA BIBLIOTECA

O luns 8, ao chegar á biblioteca, observamos algo estraño na entrada...

Neste Nadal Biblioanxo recibiu moitos agasallos! Na hora do recreo as novas axudantes abriron os agasallos de Educación Primaria.





Na última sesión acercouse o alumnado de Educación Infantil para abrir os agasallos da sección de Prelectores.





Xa podedes pasarvos pola biblioteca para gozar destas novidades.





domingo, 14 de enero de 2018

CAMBIOS EN BIBLIOANXO

Os voluntarios de BiblioAnxo están traballando para que a biblioteca sexa cada vez máis bonita e acolledora para todos e todas. 
Comezamos dándolle un toque de color a cortiza nova.




miércoles, 10 de enero de 2018

CONTA CONTOS DE NADAL

Na última semana da primeira avaliación, xusto antes de irnos de vacacións, un grupo de voluntarias de Biblioanxo realizaron uns conta contos ao alumnado de Educación Infantil.
Fixéronno xenial e os nenos/as de Infantil estiveron moi atentos.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que saíu todo!








martes, 9 de enero de 2018

CADRO DE VOLUNTARIOS NA SEGUNDA AVALIACIÓN



Co comezo dunha nova avaliación renóvanse os voluntarios de BiblioAnxo. Aquí podedes consultar a quen lle toca cada día.

Están esperando vervos pola biblioteca e axudarvos con calquera dúbida.