Aquí vos presentamos algunhas curiosidades sobre os libros e a celebración do seu Día.
Un "libro" é un conxunto de papeis impresos que foron encuadernados. As follas poden estar cosidas ou estar pegadas ao lombo, que a súa vez está unido a unhas tapas.
Una vez levantada a tapa dianteira, en xeral, un libro consta da garda (unha páxina en branco, que en ocasións é máis grosa que as demáis), a portadilla (onde figura o título da obra),a portada (onde aparecen o título, o autor e a editorial), a dedicatoria, o índice (aínda que ás veces pode estar ao final) e, en caso de telo, o prólogo.
O día 23 de abril celebrase o Día mundial do Libro, e como o seu nome indica é en todo o mundo. Esta festividade celébrase desde o ano 1926.Escolleuse este día porque coincide cóa morte de Miguel de Cervantes e William Shaskespeare, dous dos máis grandes da Literatura Universal.
O costume de adicar ese día á festa do libro foise extendendo desde España ata outros países. E é no ano 1964 cando queda instituido oficialmente o día 23 de abril como Día internacional del Libro.
O día 23 de abril tamén se entrega en Madrid o Premio Cervantes .Este premio distingue a obra global dun autor en lengua castellana.Concedeo anualmente o Ministerio de Cultura de España, a proposta da Real Academia de la Lengua de España e dos demáis países de fala hispana.Foi instituído en 1976 e é considerado o galardón máis importante en lingua castellana.
Cada ano, desde 2001 a UNESCO elixe unha capital mundial do libro.Este ano é Erevan en Armenia.A primeira capital mundial do libro foi Madrid. O vindeiro ano 2013 esta honra correspóndelle a Bangkok (Tailandia).
Páginas
▼
domingo, 22 de abril de 2012
martes, 10 de abril de 2012
Día Internacional do Libro Infantil
Este ano coincidiu coas vacacións de Semana Santa, pero agora que xa estamos de volta aproveitamos para lembrar esta importante data. "Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro" é o texto que Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano, cedeu á IBBY para a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil 2012. Cada ano, a International Board on Books for Young People encarga a unha das súas seccións a edicíón do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa. Pinchade no título se queredes ler o conto.